
Imaxina o que se sinte cando es dunha aldeiña de serra, de f´rio e de choiva, cando nunca vías a posibilidade de facer unha viaxe nestes termos... imaxina.
Abro os ollos con todo, sáeme o sorrios con todo, porque todo é diferente, ata o cotiá.
Hai unha chea de cores, tódalas que podes imaxinar, por todas partes. Cor. Si, haina, están adorntando igrexas, prazas, tendas, roupas, patios, casas,...
Hai cheiros, moitos e diferentes, algúns que nunca sentira, picantes, doces, amargos e húmidos. De calor e de chioiva, de coches e de xentes, de herbas e de frores.
E, moito máis, hai ruído, moitas voces, moita música, moitos carros e camións, autobuses e máis coches.
Hai xentes, seica descenden dos olmecas que, seica se mesturaron despois con outras xentes europeas. Hainas altas, baixas, gordas, fracas, morenas, brancas; pero sobre todo, amables, alegres e colaborativas.
Hai sabores a mil froitas de cores, a frijoles, a picante e a doce.
Hai ritmo desde primeira hora da mañá.
Hai monte, hai árbores e orquídeas en todo lugar onde cheguen os ollos.
Hai devoción, igrexas cheas de xente un xoves ás sete da tarde e tres curas dirixindo.
Hai néboa e choiva á noitiña que refresca a calor da mañá.
Hai jaranas e outros instrumentos, xente que canta acompañando o seu son e lembrando os cantos populares de veracruz aos qu eaínda non tiven tempo de lles aprender o nome.
E hai aroma a café...mmm e a todo o que me queda por descubrir...
Carai, aseméllase a un can chegando a unha fábrica de cárnicas cando só vivira nun cortello. Cores, aromas, olores, sabores...
ResponderEliminarBen atentiño que estaréi á bitácora Palita.
Mua.
Joe primo, a Paula toda chea de sentimentos profundos e ti comparándoa cun can. Ais...
ResponderEliminarEn fin, que así me gusta, que aproveites o tempo ó máximo.
Biquiños!!!
Estupendo o do blogue e que enveja dás! Declaro-me fan number one e seguirei as novidades para ir descobrindo contigo Coatepec, que parece lindíssimo. Vou vê-lo um pouco no Google Maps a ver que me conta, pena que não poda perceber os cheiros e sabores, o calor de momento melhor não ;) Bicos e passa-o mui bem!
ResponderEliminarAcabo de chegar de Val do Marcos, e vexo o teu blog. Esto promete. Inda non tiven tempo de lelo, mais fareino esta tarde. Alegrame moito que estes ben e a gusto. Seguirei o blog atentamente. Serás fiscalizada.Unha forte aperta e biquiños.
ResponderEliminarGasias gasias!!
ResponderEliminarQue medo me da eso da fiscalización... en fin, farase o que se poida.
Heitor... que razón ten a miña irmá.
Osquitar... tentarei levarte os aromas nunha boa bolsa de café "bola de oro, el que más exporta de Coatepec", je,je.
Bicos
Q pasada Paula!!
ResponderEliminarque boa pinta ten todo o que contas, ata a calor.
Agora que tes o blog quita fotos e súbeas, sobre todo das orquídeas, das cores e dos sabores...
jejeje
Aproveita a viaxe
Biquiños
Genial! sere tu fiel seguidora me gusta.... el calor...el picante..etc.
ResponderEliminarNena seras la enviada especial a colombia cartagena de indias siii para hacer el blog. cuidate mucho te queremos besos de molinillo.