A pesar de falar o mesmo idioma, rimos, rimos moito porque hai palabras moooooi diferentes, ou as mesmas con significados moi distintos.
Por iso hoxe aprendín estas dúas novas expresións: a huevo!! recomendada enormemente por Caro, outro gran contacto mexicano do que seguro que ides ter máis novas. Este termo non signifca o mesmo que na lonxana iberia, non. É unha expresión ben positiva que se di cando logras algo e hoxe aprendina a utilizar cando conseguín mercar (non a un prezo moi popular e cunha pegada ecolóxica bastante elevada...) un aceite de oliva tragable para poder descansa, de vez en cando, dos condimentos mexicanos que mancaron algo o meu estómago durante esta semana. Vin a botella no estante, acerqueime, vin que era unha marca que recoñecía e que era virxe extra e... a huevo!!! (safada!!)
Pero, cousas de persoas con acceso a tarxetas de crédito, tentei pagar a miña compra (necesitaba algunhas cousiñas máis) coa miña flamante visa recén estrenada, contratada específicamente para a ocasión (xa que as comisións bancarias son... non vos facedes unha idea, case levo gastado neso tanto como no resto de cousas... en fin) e chingue me lleve, güei!!, non me acepta, por segunda vez, a miña flamante visa elctrón super moderna que te cagas!!!
O verbo chingar, seica é tan recoñecido que ata un diccionario sobre chingaderías atopamos, tanto que se usa neste país...
Aquí vos deixo unha imaxe destas dúas compañeiras que me están acollendo con tanta alegría, paciencia e simpatía.
Preséntovos a Emilia e Caro:
Doute toda a razón... A miña amiga Paola, colombiana que leva en Madrid dende o pasado septembro, inda hoxe ten problemas con certas expresións que non entende nalgúns casos, ou que non le entendemos en outros. Parece mentira que sexa o mesmo idioma.
ResponderEliminarSe volves con acento, me parto!!! :p
¡Uyyy, co chingue! Vexo que disfrutas e aprendes cousas dese fermoso país. Cando volvas haberá que confesarte.
ResponderEliminarBicos.
Un pobo que utiliza con tanta alegría o verbo chingar é un pobo do que hai que aprender moito. Así que aprende e logo ven e ensina.
ResponderEliminarBiiiico.
Si, si porque hai mil maneiras de usar o verbo chingar, chinga wei!! (acelera), chinga tu madre (vai ao carallo...), etc, etc... simplificando o vocabulario. je, je.
ResponderEliminarSeguirei informando
bicos