lunes, 28 de mayo de 2012

de frores e músicas

México é o país da biodiversidade. É rico, moi rico. Todo ao meu redor é verde, grande e diferente. Plátanos, arces, acacias, enormes fentos arborescentes... ata carballos que aquí chaman encinos. Todo é natureza grande, mesta e colorida. Alí hai aves, roedores, grandes mamíferos e pequenas bolboretas.
E que máis se pode pedir, ao lado dunha fermosa e xigantesca caída de auga de máis de cen metros... e eles din que vén pequena porque aínda non comezaron as choivas, pequena si, pero cae ben.

Pero México é grandioso e ante tal deleite da nai gaia aparecen pequenos postos para dar de comer e beber ás xentes agotadas de caminatas e de nadar en albercas de augas frías. E restaurantes, neste lugar fermoso e distante, nun lugar cheo de riqueza, alí mesmo, un restaurante quería chamar a súa atención e, da mesma forma que eu esperto tódalas mañás coa alegría do regetón do ximnasio de debaixo da miña casa, os donos decidiron romper o misticismo do lugar a través dos seus altofalantes, pero non só co reguetón, alí estaba sonando "pasodoble español". Y olé por eles....

Esta que vistes, é a cascada de Texolo, en Xico, un municipio moi próximo a Veracruz, onde, por certo cómese un rico mole. E estes foron os meus acompañantes, Gerardo e Rodrigo:



3 comentarios:

  1. Que pasada de sitio, non? Inda que o momento reggeton no monte sóname parecido ás campas en estereo do pobo... vamos, que non pega nin con cola, jeje.
    Bicos!!

    ResponderEliminar
  2. E eu asociándoo con cactus, saloons, igrexas da cor da area... todo por facerlle caso ás pelis yankis, que parece que non daban baixado da fronteira.

    Dende logo, é unha pasada.

    Bicos!!

    ResponderEliminar
  3. Ei! Achamos em falta as tuas crônicas! Queremos mais! ;-)
    Bico

    ResponderEliminar