Na miña casa fai calor, hoxe máis que nunca e nin siquera dende a terraciña podo escapar.
Alí, na terraza lavo a roupa e téndoa despois, fágoo polas mañás antes de ir a traballar, porque aquí a partir das sete non durme ninguén. O ximnasio que teño debaixo pón en marcha a todas esas mulleres a primeiriña hora e, cando volvo a tarde, seguen a bailar, berrando e contentas, acompasadas.
E a luz, canta luz hai aiquí, e máis agora, nestes días tan quentes nos que non baixa a néboa e o sol é branco e intenso, tanto que fai que ata as frores parezan doutra cor, aínda que ben sei que son as mesmas que temos alá: xeranios, pensamentos, etc, agás, claro está, das orquídeas, das que tamén vos contarei (prometido César).
En Coatepec están todas as casas pintadas de cores, gústanlles as cores, e hai dúas igrexas grandes no centro e o edificio do Concello, amarelo, imponente.
As torres da igrexa vense dende a miña terraza. Gústame velas por riba dos telladiños das casas baixiñas nas que viven estas xentes.
E que me dicides da miña neveira, ata os pexegos saben diferente!!
Bo proveito!!
Oes, esa vila na que estás ten unha pinta moi bonitiña. Seguro que cando voltes pra aca que votarás de menos eso.
ResponderEliminarPois seguro que sí. Inda que a vila na que vive aquí tampouco está mal, non?
ResponderEliminarBicos!!
Supoño que todos os sitios teñen as súas cousas, pero padriño, non sabes como está o mole de rico... iso si que é para botar de menos. por certo, por aquí hay frijoles por toooodas partes, acórdome moito de ti cando os vexo, je, je.
ResponderEliminar